jueves, 17 de agosto de 2017

GRANDÍSIMO ALBERTO!!!

Tres medallas para o noso compañeiro Alberto Vázquez! Esta vez competindo co corpo de policías vigueses nos XVII Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, celebrado en Los Ángeles, Alberto acadou dúas pratas en lonxitude e triple salto, e un bronce en  100 m valados, ademais dun cuarto posto en 400 m valados.

Noraboa Alberto!
 Un orgullo para o clube!

martes, 8 de agosto de 2017

BENVIDO A CASA!!!!


E como gran campeón que é, Basi tivo o seu recibimento. Aínda que non puido haber unha ampla representación do clube, os que alí estiveron transmitíronlle a máis grande aperta e noraboa de parte do resto do equipo.Queda a celebración pendente!!!

domingo, 6 de agosto de 2017

O MÁIS GRANDE!!!






Remata o Campionato Europeo de Veteráns de Dinamarca coa consecución da MEDALLA DE OURO de BASILIO BERNÁRDEZ en salto de lonxitude. Nin máis nin  menos que 6.41 metros para facerse con este primeiro posto. Resultado moi merecido por todo o traballo realizado ao longo da tempada. Agora a descansar!
  Feliz regreso a casa!







E mención tamén para DARÍO NÚÑEZ, que  formou parte da representación do noso clube neste campionato, e que para nós tamén é campión por todo o seu esforzo e bo traballo feito! Noraboa e a seguir loitando!

domingo, 2 de julio de 2017

CTO. ESPAÑA CADETE

Magnífica actuación das nosas cadetes esta fin de semana en Murcia.
En 300 metros, Lara López, que aínda que non conseguiu meterse na final, competiu ao máximo coa satisfación de chegar ata alí, e de saber que foi polo bo traballo realizado.
En xavelina, María Pena, acadando a cuarta posición nunha competición moi reñida. Novamente conseguindo mellorar a súa marca persoal cun lanzamento de 38.22 m, e demostrando que merece estar entre as mellores. Para nós, medalla de ouro!!!

Boísima temporada para as dúas! Noraboa!

viernes, 30 de junio de 2017

CAMPUS


Remata con éxito unha nova edición do Campus de Atletismo, organizado polo noso Clube en colaboración co Clube Atletismo Ordes. Agradecemos aos rapaces e non tan rapaces a súa participación e esperamos que disfrutaran moito. Tamén agradecemos a colaboración dos Concellos de Ordes e Cerceda para poder facer posible a realización do campus.
Esperámosvos na próxima edición!

miércoles, 28 de junio de 2017

CAMPIONATOS DE ESPAÑA ...E MÁIS!!!!

Últimamente temos o blog algo descoidado, por iso nesta entrada faremos un resumo dos últimos campionatos.

Comezamos cos Campionatos de España:



No de Federacións Autonómicas Cadete celebrado en Lorca, María Pena acadaba a prata en xavelina cun magnífico lanzamento de 37.90m , que sería tamén a súa mellor marca persoal. Competiu tamén Lara López en 4 x 100 e 4x 300, e aínda que non subiu ao podium fixo unha moi boa competición. Ademáis, días despois dounos a grande alegría cando conseguiu a mínima para participar no Campionato de España Cadete, na proba de 300m.
 Estas dúas grandes atletas participarán este próximo fin de semana en Murcia no Campionato de España. Moita sorte!








Na categoría veterán, sete dos nosos atletas acadaron 11 medallas esta fin de semana en Elche:
- Rogelio Santos (prata en relevos)
- Basilio Bernárdez ( tres pratas en lonxitude, triple e relevos)
- Alberto Vázquez ( unha prata en relevos e un bronce en triple)
- Darío Núñez ( prata en relevos)
- Ana Abuín ( tres ouros en disco, martelo e martelo pesado; e dúas pratas en peso e xavelina)
- Ángeles Rodríguez ( ouro en xavelina)
- Lucía Doval (bronce en xavelina)

 Compartiron viaxe e campionato con Tita Janeiro, do Clube filial Atletismo Cuntis, que acadou o ouro en xavelina, e coa que completaron o equipo de relevos 4x100 en categoría W35.

Como clube, o noso quedou na 14ª posición dun total de 189 clubes.


Tamén tivemos representación nos Campionatos Galegos:

En categoría Junior, Mencía Pena acadou o bronce en xavelina. Moi boa competición!! Bravo!


En categoría Promesa, Martín Liste sigue dando guerra no disco, conseguindo o ouro por sétimo ano consecutivo. Fantástico!



martes, 30 de mayo de 2017

CTO. GALEGO VETERÁNS

O domingo foi o turno dos veteráns, que se desplazaron a Ourense ao Campionato Galego de Aire Libre, conseguindo un total de  36  medallas. Foi este domingo o primeiro Campionato para Susi Liste. Esperamos que disfrutara da competición e, como non, de compartir o día co resto do equipo.

Xosé Rivera Gómez: dúas pratas (100 m e disco) e un bronce en 200 m
Alberto Vázquez Alonso: un bronce en 100 m e dous ouros (salto de lonxitude e triple salto)

María Isabel Fernández Bello: ouro en 100 m e prata en 200 m
María Teresa Janeiro Sueiro: ouro en 100 m e ouro en peso ( xa a temos media adoptada no equipo)
Basilio Bernárdez Rodríguez: dos ouros ( en 200 m e en salto de lonxitude) e prata en triple salto
José Domínguez Caballero: prata en 200 mey ouro en xavelina
Lucía Doval Sánchez: bronce en 200 m, prata en salto de lonxitude e ouro en xavelina
José Manuel Gontá Ayude: ouro en 100 m vallas e prata en xavelina
María José Fraga Graña: bronce en salto de lonxitude e prata en peso
María Ángeles Rodríguez del Río: ouro en salto de lonxitude e prata en xavelina
Hortensia Viaño Liste: prata en peso
Ana María Abuín Pazos: tres medallas de ouro (disco, martelo e xavelina)
José Manuel Núñez Sánchez: ouro en salto de lonxitude e prata en peso
José Fraga Caamaño: tres ouros (peso, disco y martelo)
Carlos Vera Domínguez: con tres bronces (peso, disco e martelo)

Podedes consultar todo os resultados neste ENLACE (fotos en galería)


( foto de equipo: Aínda que Ángeles, Lucía e Ana estaban mollándose para recoller a medalla, non querían deixar de aparecer na foto de equipo, así que...engadidas!!)