domingo, 18 de diciembre de 2016

RESUMO FIN DE SEMANA

Fin de semana intenso para o clube.






Arrancaba o sábado co Cross que se celebrou na alameda de Santiago, no que se acadaron dous primeiros postos e un terceiro.











Pola tarde tocaba desprazarse a Lugo para participar no Trofeo Nadal Verxel. No seguinte enlace podedes ver os RESULTADOS.

Xa o domingo en Ordes, participamos no Cross Ambiental, algúns competindo e outros axudando. Tamén se conseguiu algún trofeo nesta competición.









Na galería podedes ver algunha foto dos tres campionatos.

Agora a seguir entrenando e a disfrutar do Nadal que xa se está achegando


viernes, 16 de diciembre de 2016

PEQUENA GRAN CAMPIONA!!!




Non podía ser menos! As ganas que lle pon a nosa pequena Icía fixeron que conseguise o segundo posto no Circuíto Coruña Corre. 

FANTÁSTICA!!!

martes, 6 de diciembre de 2016

CONTROL DE MARCAS -FERROL




Se a semana pasada houbo moitas marcas persoais, hoxe non se quedaron atrás no control de marcas celebrado en Ferrol.
Podedes consultar os resultados premendo neste ENLACE, pero aquí deixamos un resumo:




60 m
     - Lucas Paz- 7.66
     - Pedro Pose- 7.74
     - José Domínguez- 8.33
     - Lara López- 8.62- MMP
     - María Pena- 9.22- MMP
     - Sofía Fernández- 9.30-MMP
     - Ángeles Rodríguez- 11.07- MMP
     - Isabel Fernández- 9.27- MMP

400 m
    - José Domínguez- 58.93
    - Isabel Fernández- 1:14.51
    - Ángeles Rodríguez- 1:24.43

300 m
    - Lara López- 47.68-MMP
    - María Pena- 48.78



lunes, 28 de noviembre de 2016

CEA DE NADAL

Xa queda pouco para Nadal, e para non acumular ceas, este sábado tivemos xa a cea anual do Clube.
Comida, bingo,sorteos... Xa estamos esperando a próxima!


TROFEO CIDADE DE NARÓN

Este sábado tivo lugar o Trofeo Cidade de Narón, no que os nosos atletas, que están comezando a tempada, están conseguindo xa moi bos resultados nas súas respectivas categorías, acabando algún o campionato mellorando a súa marca persoal.
Este é un pequeno resumo:

60 m.l.: - Sofía Fernández- 9.47 - MMP
                María Pena- 9.25- MMP
                Lucas Paz- 7.5- MMP
                Pedro Pose- 7.66
                Rubén Carrillo- 8.67

Peso 3 Kg- Saray- 7.39-MMP- 1º posto
                   María Pena- 6.90- MMP- 2º posto

50 m.l.- Icía Ares- 9.21-MMP

300m- Sofía Fernández- 53.98
            María Pena- 49.10
            Rubén Carrillo- 46.54-MMP

500m- Icía Ares- 1.55.68

200m - Lucas Paz- 24.35- 2º posto

Salto de lonxitude- Pedro Pose- 6.18. MMP e Récord do Clube- 3º posto

A seguir traballando así de ben!

domingo, 30 de octubre de 2016

GALA DO DEPORTE DE CERCEDA


Este venres tivo lugar a Gala do Deporte do Concello de Cerceda, na que lle foi recoñecido o traballo na tempada pasada a algúns dos nosos compañeiros deste Concello. Noraboa! 

Fotos

sábado, 22 de octubre de 2016

RESULTADOS FINAIS MINIOLIMPIADA

Despois de rematada a segunda xornada da I Miniolimpiada da Mancomunidade, o primeiro e segundo postos mantivéronse como na primeira xornada, sendo a primeira posición para Ordes e a segunda para Cerceda. Contra todo pronóstico, Mesía situouse no terceiro posto, superando a Trazoe Frades, xa que aínda que empataron nos ouros , superounos nas  pratas.
Así pois, o medalleiro quedou deste xeito.


Gracias a tódolos participantes por animarse a asistir a estas I Miniolimpiadas da Mancomunidade e esperamos que tódolos Concellos da mesma poidan seguir compartindo actividades.

miércoles, 12 de octubre de 2016

RESULTADOS MINIOLIMPIADA- SÁBADO 8

Despois de rematada a primeira xornada da Miniolimpiada, o medalleiro está do seguinte xeito:

Aínda queda esperar pola seguinte xornada, así que todo pode cambiar.
Podedes consultar os resultados das distintas probas na pestaña superior.


viernes, 7 de octubre de 2016

INFORMACIÓN MINIOLIMPIADA

Lembramos que este sábado día 8 de outubro inauguramos a Miniolimpiada da Mancomunidade ás 16:00h, nas pistas de atletismo de Ordes.

A partir das 16:00h realizarase a confirmación de inscrición e a entrega de dorsais e camisetas.

O horario deste sábado 8 é o seguinte:
16.00-17:00-Orientación
17:30- 1ª entrega de medallas
17:35- Atletismo e xadrez
18:30- 2ª entrega de medallas
18:40- Atletismo e xadrez
19:40- 3ª entrega de medallas e fin do primeiro día

Horario do sábado 15:
15:00- Fútbol sala ( no pavillón do Colexio Castelao 2. O que non teña o dorsal e/ou a camiseta deberá            pasar previamente polas pistas de atletismo)
O resto das actividades repiten o horario do día 8, clausurando a Miniolimpiada sobre as 19:30.

viernes, 23 de septiembre de 2016

MINIOLIMPIADA DA MANCOMUNIDADE

Os sábados 8 e 15 de outubro celebrarase a 1ª Miniolimpiada da Mancomunidade de municipios de Ordes, en sesión de tarde. A celebración terá lugar en Ordes e levaranse a cabo varias probas. Nas imaxes adxuntas tedes toda a información. 
A inscrición farase a través dos coordinadores deportivos de cada Concello ou no correo do clube ( atleticasilva@gmail.com). Lembrade que tedes ata o día 3 de outubro para anotarvos.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


miércoles, 7 de septiembre de 2016

ESTAMOS DE VOLTA!!!

Despois de recargar as pilas durante o verán (e ter o blog bastante desatendido, todo hai que decilo) aquí estamos de novo!

Así que xa vos deixamos información das escolas de Ordes, para que poidades anotarvos canto antes.





domingo, 10 de julio de 2016

CTO. ESPAÑA-CLUBES VETERÁNS


Remata o Campionato de España de clubes celebrado este sábado en Castellón. 8º con 66 puntos. A pesar de non poder cubrir tódalas probas, esforzáronse ao máximo e regresan con ganas de volver a intentalo o ano que vén.
Así que,  ¡¡¡noraboa polo traballo feito!!!

lunes, 4 de julio de 2016

DOBREMENTE CAMPEONAS!

Estas rapazas non paran!



O sábado cada unha polo seu lado: Icía ao Memorial Ramón Peña Blanco de Ferrol, onde conseguía o bronce no 500m mellorando a súa marca personal cun tempo de 1:53. 44; Andrea a Curtis, a participar no Campionato Galego de 5Km en ruta, onde quedou subcampeona.

O domingo coincidiron as dúas na Carreira de San Pedro de Visma, na que Icía volveu a obter o bronce e Andrea a prata.

Fantástico!!

viernes, 1 de julio de 2016

CAMPUS- 2016

Rematamos! Coa entrega de trofeos onte terminamos o Campus 2016. Esperamos que disfrutarades e que vos animedes a seguir practicando o atletismo.
Podedes ver fotos na pestaña superior.


Gracias a todos pola vosa asistencia!!!

martes, 28 de junio de 2016

CTO. ESPAÑA- VETERÁNS

Éxito dos veteráns no Campionato Nacional celebrado  esta fin de semana en Elche.
Moitísima calor, que non impediu que regresaran a casa con 21 medallas ( sendo o 4º clube no ranking empatados co A.A.Moratalaz), varias marcas personais, 6 récord galegos e 1 récord de España.
Fabuloso Campionato e fabulosa compañía, animando e compartindo  éxitos cos compañeiros do clube e co resto de clubes galegos que alí estaban.
NORABOA!!

Darío Núñez (M45)- 100 m- 13.24
                                  200m-26.93
                                  Triple- 10.33

Basilio Bernárdez (M40)- Altura- 1.62
                                          Lonxitude- 6.36- Prata- Récord Galego
                                          Triplo- 12.68- Prata

Rogelio Santos (M40)-Lonxitude- 4.99
                                     Triplo- 11.00- Bronce

Alberto Vázquez (M50)- Lonxitude- 5.36- Récord Galego
                                         Triple- 10.97- Prata

Carlos Ferrer ( M55)- Peso- 10.72
                                    Disco- 37.93- Prata- Récord Galego
                                    Xavelina- 37.85- Prata
                                    Martelo- 40.38- Bronce
                                    Martelo Pesado- 15.89- Prata- Récord Galego

Pepe Domínguez( M40)- Xavelina- 43.69- Bronce

4x100m ( Alberto-Basilio- Carlos- Darío)- 50.49
4 x400m ( Pepe- Basilio- Alberto- Darío)- 4:03.25- Bronce

Lucía Doval( F40)- 100m- 14.68
                                200m- 30.13
                                Lonxitude- 4.51- Bronce
                                Peso- 7.91
                                Xavelina- 25.45- Prata

Ana Abuín (F55)- Peso- 7.24- Bronce
                              Disco- 21.11- Prata- Récord Galego
                              Xavelina- 19.35- Prata
                              Martelo- 28.90- Ouro
                              Martelo Pesado- 10.79- Ouro- RÉCORD DE ESPAÑA

Ángeles Rodríguez ( F55)- Peso- 7.02
                                            Xavelina- 21.93- Ouro
                                            Martelo- 24.77- Bronce
                                            Altura- 1.00- Bronce- Récord Galego

María Galiano (F40)- Altura- 1.29
                                   Triplo- 9.58- Bronce


FOTOS EN GALERÍA

CTO . ESPAÑA-PROMESA


Quinto posto para Martín Liste no Campionato de España-Promesa celebrado este sábado en Toledo, cunha marca de 41.63m. Non saiu como esperaba, pero Martín regresa coa forza e o ánimo de seguir traballando e mellorando. Ánimo CAMPEÓN!!

domingo, 19 de junio de 2016

CTO. GALEGO- VETERÁNS



Este sábado foi o turno dos veteráns en Vilagarcía. Houbo unha ampla representación do clube a pesar da coincidencia coa Carreira da Silva, que fixo que algúns compañeiros só puidesen participar en xornada de mañá.






Bos resultados, conseguíndose 21 medallas de ouro, 11 de prata e 6 de bronce, e destacando dous RECORDS GALEGOS  da man de
Basilio Bernárdez en triple (M40- 13.08m) e de Ana Abuín en disco(W55- 20.82m)




CARREIRA DA SILVA

Onte celebramos a XII edición da Carreira Popular da Silva. Novamente nun fantástico ambiente.
Un ano máis damos as gracias aos corredores que vos achegastes ata aquí para participar.
Como non agradecer tamén a tódolos patrocinadores e voluntarios, sen os cales a realización desta carreira sería imposilble.
Esperamos que disfrutarades e deseamos vervos na próxima.
RESULTADOS

Este ano tomamos prestadas as fotos de Correr en Galicia. Gracias "Koala 36" .Preciosas fotos!
FOTOS

miércoles, 15 de junio de 2016

V CAMPUS DE ATLETISMO

Do 27 ao 30 de xuño terá lugar o 5º Campus de Atletismo nas pistas de Ordes. 

Non faltes!

Podedes descargar a ficha de inscripción no enlace superior.



martes, 14 de junio de 2016

CTO.GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL...E MÁIS!

Seguindo a tónica de fins de semana anteriores, este non podía ser menos e tamén estivo cheo de participacións en Campionatos e Trofeos.

O venres na Coruña participaron no Trofeo Riazor Coruña-Memorial Ana Domínguez:
- Lucas Paz- 100m: 12.29

- En 1500m:   José Domínguez- 4:33.67- MMP
                      Tino Bello- 5:29.15
                       Abel Muñiz- 5:32.00

 - José Manuel Gontá- Pértiga: 2.70 (1º)
                                   100mv: 17.16 (1º)

O sábado volveu estar repartido. No Barco de Valdeorras disputouse o Campionato Galego Bx., Alv. e Inf. Regresaron a casa con cinco medallas. Noraboa aos medallistas! e Noraboa aos demáis que tamén o fixestes  fenomenal!


Este é o resumo:

ALEVÍN


Martiño Caneda- Lonxitude: 3.76 (7º)
                           Xavelina: 22.35 (5º)

Paula Roca- 2000m marcha: 13:35.13(8ª)

Jacobo Rodríguez- Peso: 4.84 (12º)

Alejandra Souto- Lonxitude: 3.89- Bronce
                           60m: 9.25- Bronce

Daniel Loureiro- Xavelina: 24.47- Bronce

Mateo Bertua- Xavelina: 21.94 (6º)

Gloria Iglesias- Xavelina: 19.04 (4ª)
                             2000m: 8:59.53(9ª)

Saray Fariñas- Disco: 17.46 (8ª)
                        Martelo: 13.28 (14ª)

Martín Barro- 60m: 9.25 (7º)
                       500m: 1:29.66 (5º)

INFANTIL

Andrea Caneda- 3000 m marcha: 19:13.90 (7ª)
                           Xavelina: 24.04 (5ª)

Daniel Castro- Xavelina: 28.15- Bronce

María Pena- Xavelina: 31.69- Ouro

Eva Tacón- Peso: 6.79 (9ª)
                   Xavelina: 20.22 (9ª)

E en Santiago, no Trofeo de Atletismo en pista da USC, tivemos a:

José Manuel Núñez- Xavelina: 23.09
                                                 Peso: 8.81

Isabel Bermúdez- Xavelina: 13.49
                                             Disco: 16.88

Iria Becerra- Altura: 1.40

María José Fraga- Altura: 1.35
                                                Disco: 22.40

José Fraga- Peso: 11.75- Récord Galego M55
                    Disco: 28.13

Lucía Doval- 100m: 14.35
                     Xavelina:25.57

Isabel Fernández: 100m: 14.91

Lara López: 100m: 14.05

Isabel Gende: DEBUT EN 5000 MARCHA: 38:42.25

Basilio Bernárdez- Xavelina: 36.19
                             Altura: 1.58
                             100m: 12.52
                             Triple: 12.22

Darío Nuñez- 100 m: 12.95
                                    400 m: 1:01.86
                                    Triple: 9.13




domingo, 5 de junio de 2016

RESUMEN FIN DE SEMANA

Frenético fin de semana cheo de competicións. Os nosos entrenadores tivéronse que repartir para poder atender a cada atleta como se merece.


Ata Valladolid viaxou María Pena coa entrenadora Ana Domínguez. Alí debutaba a nosa Infantil no Campionato de España de Combinadas. Neste caso fixo o triatlon ( xavelina, lonxitude e 1000m). Aínda que quedou no posto 22 con 1228 puntos, non o fixo nada mal. Esperamos que regrese moi contenta do seu debut nun Nacional, sobre todo porque ademáis conseguiu gañar a proba de xavelina cun lanzamento de 32.21 m. Noraboa María e Ana!!!





En Galicia quedou Pepe Domínguez para acompañar aos Cadetes, Xuvenís, Junior e Promesa nos seus respectivos Campionatos Galegos.
O sábado, en Ferrol. Lucas Paz (Cadete) conseguiu meterse na final de 100 m e acabou 7º cun tempo de 12:38. Competiu tamén en 300m facendo os mesmos en 41:21.
Tamén competiu Sara Míguez en 100mv, facendo un tempo de 18.47 nas semifinais.

O domingo, en Vigo.O resumo desta xornada na que se acadaron 6 medallas é o seguinte:

- Pedro Pose - 400mv- 1:02.24 (3º)
- Andrea Castro - Xavelina: 31.93 ( 3ª)
- Martín Moar - Xavelina: 35.25 (4º)
                                        Peso: 10.09 ( 3º)
                                         Disco: 31.41(4º)
- Iria Becerra - Altura: 1.37(5ª)
- Martín Liste- Xavelina: 50.25 (1º)
                       Disco: 42.23 (1º)
- Andrea Cancela- 5000m: 22:19.39 (2ª)


Tamén houbo tempo para as Carreiras Populares. O domingo  tivo lugar a Carreira Ría do Burgo, e os resultados dos nosos atletas foron os seguintes:
En 10.500m:   - Pedro Alén: 37:22 ( da súa categoría e 7º da xeral)
                         Tino Bello: 47:23

En categoría cadete ( 1800m) Gaizka Gómez: 4:58
En 1000 m: - Eneritz Gómez ( Alevín)- 5:02
                   - Icia Ares ( Benxamín). 4:58 (2ª)


miércoles, 25 de mayo de 2016

CTO. PROVINCIAL- RIBEIRA

Xa podedes consultar os resultados do Campionato Provincial Xogade que se disputou este sábado en Ribeira.  RESULTADOS
 Agora quedamos á espera de ver quén se clasifica para o Galego.

 O que xa podemos adiantar é a clasificación de María Pena en Triatlon, para o Campionato de España Infantil que se celebrará en Valladolid os días 4 e 5 de xuño. Moita sorte campeona!!

O día 17 deste mes tamén se disputou na Pobra o I Trofeo Atletismo Barbanza-Letras Galegas.
Ata alí se desplazaron:
 Lara López ( Cadete)- 100m: 13.81
                                     300m: 48.44
Isabel Fernández (Veterana W-40)- 100m: 14.56
Lucas Paz ( Cadete)- 300m:40.99
                                  100m: 12.12

E as máis pequenas:

Icía Ares (Benxamín). 50m: 9.57 - 2º posto
                                   500m: 2:02.73-2º posto

Xiana López ( Fáltalle un pouquiño para Benxamín)- 300m:1:17.59- 2º posto da súa serie

lunes, 16 de mayo de 2016

CTO. ESPAÑA COMBINADAS-VETERANOS

Hasta Collado-Villalba se desplazaron 6 de nuestros compañeros para participar en el Campeonato de España de pruebas Combinadas ( Heptatlon, Decatlon y Pentatlon de lanzamientos). Regresan a casa con 5 medallas.
En el Pentatlon de lanzamientos y categoría M55, compitieron Carlos Ferrer, que consiguió el bronce con 3417 puntos; y José Fraga, que con 2524 puntos quedó en octava posición.
En Heptatlon Ángeles Rodríguez (W55) y Lucía Doval (W40) consiguieron la plata cada una en su categoría,  con 2584 y 3318 puntos respectivamente.
En Decatlon, José Domínguez ( M40) se hizo con el bronce con una puntuación de 5299 puntos; y con 5726 puntos y en categoría M55, José Manuel Gontá conseguía la plata.
Así que balance positivo en este campeonato. Disfrutaron nuevamente de la competición, que este año contó con más participantes, lo que hizo que fuese más emocionante. Y disfrutaron como siempre de la compañía mutua. ¡ENHORABUENA!

martes, 10 de mayo de 2016

AMPLIAMOS INFORMACIÓN!

Este sábado, Martín Moar debutou co clube filial R.C. Celta, no Campionato de Galicia Junior de Clubes. Coa súa aportación en lanzamento de disco de 1750g ( 29.80m), conseguiron o 2º posto.

O domingo tivo lugar o Trofeo AVA de Atletismo en Vigo. En categoría cadete Sara Míguez conseguiu a mínima en 100 m vallas e colócase 15ª no ránking Galego. Na mesma categoría, Lucas Paz conseguiu tamén a mínima en 100 m lisos, e sitúase 8º no ránking Galego.


lunes, 9 de mayo de 2016

ESCOLAR INFANTIL-POBRA DO CARAMIÑAL

A pesar da desapacible tarde de choiva, os nosos Infantís fixeron un grande esforzo nesta xornada, conseguindo uns resultados nada despreciables.

 Destacamos ás catro rapazas de xavelina que acadaron os catro primeiros postos, mellorando todas elas a súa marca personal.

A modo de resumo:

LONXITUDE: Daniel Castro - 3.32
                        Rafael Regos- 3.09
                         Iván Vidal- 2.94
                         María Pena- 3.91- 1º posto 
                         Andrea Caneda- 3.05

80 METROS: Sofía Fernández- 12.40

DISCO: Saray Fariñas- 15.64- 3º posto

500 METROS: Rafael Regos- 1:52.60
                         Juan Vidal- 1:57.75

1000 METROS: Daniel Castro- 4:23.51
                           Xurxo Romero- 4:35.05

PESO: Eva Tacón- 6.73- 3º posto

150 METROS: Sofía Fernández- 24.15- 3º posto

XAVELINA: María Pena- 28.88-1º posto
                      Andrea Caneda- 23.06-2º posto
                      Eva Tacón- 21.87-3º posto
                      Saray Fariñas- 15.34- 4º posto

4 x 80 masculino ( Daniel, Xurxo, Rafael, Iván)-54.59- 3º posto
4 x 80 feminino ( Sofía,María, Eva, Andrea)- 50.02- 2º posto

GRANDES ESTES RAPACES!!!
 E GRANDES OS ENTRENADORES!!!


sábado, 7 de mayo de 2016

CARREIRA A SILVA


O 18 de xuño celebraremos a XII edición da carreira popular, incluída no Circuíto Provincial de Carreiras Populares. Preme na imaxe e xa te poderás inscribir. Non olvides botarlle un vistazo ao regulamento.

Este ano ademáis, unha hora antes da carreira popular, ás 16:00h,terá lugar unha competición de velocidade nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete ( 50-60-80 e 100 metros respectivamente). Os interesados en participar poden mandar un correo a atleticasilva@gmail.com antes do mércores 15 de xuño.

Esperámoste!


jueves, 5 de mayo de 2016

CTO. CLUBES- 1ª DIVISIÓN

Esta fin de semana tivo lugar a 1ª xornada do Campionato de España de Clubes en 1ª División, na que dous dos nosos atletas competían co Clube Atletismo Celta do que somos filiais.

En Oviedo, Martín Liste acadou a primeira posición en disco cun lanzamento de 46.73 m, lanzamento co que se coloca 2º no ranking nacional promesa.

Ao mesmo tempo pero en Lugo, Andrea Castro facía un lanzamento de xavelina de 31.06 m, situándose na terceira posición.
Bo traballo!

domingo, 1 de mayo de 2016

CARREIRA POPULAR ARTEIXO

Aínda que nun principio a Benxamina Icía estaba apuntada para correr 960m, ao final foron 1438. Eso non impediu que quedara segunda da súa categoría. Carrerón dunha gran campeona!!

jueves, 28 de abril de 2016

RESUMO XOGADE

Premento enriba da localidade, podedes ver os resultados das dúas últimas xornadas clasificatorias de Xogade ( as da Pobra do Caramiñal aínda por modificar debido a erros)

SANTIAGO-9 de abril    SANTIAGO- 16 de abril    POBRA-23 de abril

A modo de resumo, diremos que na xornada do 9 de abril acadáronse 7 primeiros postos, 1 segundo e 3 terceiros, con 8 mellores marcas personais. Na xornada do 16 de abril, 2 primeiros postos, 2 segundos e 2 bronces, conseguíndose 5 mellores marcas personais. Un total de 17 medallas.
Quedamos á espera dos resultados definitivos da Pobra.

domingo, 24 de abril de 2016

MÍNIMA CONSEGUIDA!



Con 45.15 m, Martín Liste consigue a mínima en disco para participar no Campionato de España. Esta marca foi conseguida na Copa Galega de Clubes, na que Martín competía co Clube Atletismo Celta, do que somo filiais.
¡A por todas!

lunes, 18 de abril de 2016

CTO. GALEGO- COMBINADAS- VETERÁNS


Primeira competición en Héptatlon para Isabel Fernández Bello, que saiu airosa das distintas probas, acadando un total de 1784 puntos na categoría W40. Ben feito Isa! Estivo acompañada na categoría por Lucía Doval que acadou 2980 puntos. En categoría M55 Carlos Ferrer sumou 5356 puntos na proba de Décathon, conseguindo xunto con Lucía, a marca mínima para a participación no Campionato de España.
Nesta ocasión as medallas foron o de menos (dous ouros e unha prata) xa que, debido á escasa participación de veteráns, estaban claras. Intentaron conseguir as mínimas e, a pesar do clima e da non moi axeitada organización, traballo feito!

domingo, 10 de abril de 2016

CARREIRA POPULAR "DE DOUS EN DOUS"


Segunda posición para as irmáns Orgeira, na modalidade "Equipo feminino" da carreira celebrada onte en Carballo, que como o seu nome indica, consistía en correr unidas por parellas. FANTÁSTICAS!!

domingo, 3 de abril de 2016

CTO. EUROPEO DE VETERÁNS

Remata a participación dos nosos compañeiros no Campionato Europeo de Veteráns, celebrado en Ancona (Italia), coa gran noticia da consecución da medalla de prata por parte de Ángeles Rodríguez, medalla que conseguiu na modalidade de 5Km Cross por equipos.
Ademáis participou nos 3000 m facendo un tempo de 14:03.43( 8ª) e en xavelina, conseguindo neste caso mellor marca persoal cun lanzamento de 21.18 (7ª). NORABOA CAMPEONA!




Participaron tamén  María Galiano, que conseguiu un fantástico 5º posto en triple, cun salto de 9.67; e José Darío Núñez que competiu en 60 ml ( 8.18) e 200m ( 26.75). Noraboa tamén polo esforzo realizado!


FELIZ REGRESO A CASA!!!

sábado, 2 de abril de 2016

GALA ATLETISMO GALEGO

Onte algúns dos nosos compañeiros achegáronse á Cidade da Cultura de Santiago a recibir o premio acadado polos seus logros na tempada atenrior ( na imaxe 8 dos 11 premiados). Premio ao seu esforzo e amor polo atletismo, e que un ano máis comparten con tódolos membros do clube que por unha razón ou outra este ano non o conseguiron, pero que sempre están aí para apoiarse uns a outros.
Noraboa!


martes, 22 de marzo de 2016

CTO. ESPAÑA- VETERANOS



Acabando la temporada de pista cubierta, magnífico resultado de nuestros veteranos en el Campeonato de España disputado este fin de semana en Antequera. Regresaron a casa con 14 medallas y tres récords gallegos, además de disfrutar de la compañía mutua en las tres fantásticas jornadas.





José Darío Núñez- (M45)- 60m: 8.24
                                           200 m: 27.02

Roberto Faya ( M40) - Longitud- 6.29- Plata (récord gallego)

Rogelio Santos (M40)- Longitud- 5.09
                                      Triple- 11.17

Alberto Vázquez (M50)-
                  Longitud- 5.09- Bronce
                  Triple- 11.00-Plata

José Domínguez ( M40)-
Pentathlon- 2892 p -Bronce

José Manuel Gontá ( M50)-
 Pentathlon- 3264 p- Oro (récord gallego)





Ángeles Rodríguez (F55)- 
         400 m: 1:22.63- Bronce
          Altura: 1.01- Bronce
           Peso: 7.67- Oro

Lucía Doval  (F 40)-
       Pentathlon: 2391 p- Bronce (récord gallego)
        Altura: 1.24- Bronce
        Longitud: 4.37- Bronce
        Peso: 8.19 - Plata

María Galiano ( F40)- Altura-1.30-Plata
                                     Triple- 9.60- Bronce
                                     Peso- 7.33



miércoles, 9 de marzo de 2016

CTO. GALEGO-FIN DE SEMANA

Primeiro posto en 50ml (7.77) para a nosa Alevín ALEJANDRA SOUTO no campionato Galego disputado o pasado sábado na Coruña. Tamén acadou o segundo posto en lonxitude (3.96).NORABOA!!

Tamén competiron con ela Daniel Loureiro en 50ml (8.44-16º) e lonxitude (3.54-11º); e Gloria Iglesias en 1000ml (3.49.94-10ª) e lonxitude (3.31-11ª)
O mesmo día, na categoría Infantil, María Pena conseguiu unha meritoria 5ª posición cun salto de lonxitude de 4.27, mellorando marca.

O domingo foi o turno dos cadetes. Competiron Lucas Paz en 50 ml (6.61- 6º) e 300ml (40.7-4º); Lara López  en 50ml ( 7.52-25ª); e Sara Míguez en 50 mv ( 9.86-11ª) e Triple ( 8.96-11ª)