miércoles, 24 de febrero de 2016

COMPETICIÓNS FIN DE SEMANA

Este fin de semana estivo cargado de competicións.

Comezou xa o venres cun control de marcas na Coruña.  Entre as distintas acutacións destacamos a de Sara Míguez que acadou a mínima en vallas para o Campionato Galego, cun tempo de 10.88.
Podedes ver tódolos resultados premendo no seguinte enlace: CONTROL DE MARCAS-CORUÑA

O sábado, outro control de marcas, esta vez en Ribeira, onde Martín Moar melloraba marca en peso con 10.47m. RESULTADOS

Ademáis, en Pontevedra, tiña lugar o Campionato Galego Absoluto de lanzamentos longos de inverno, no que Martín Liste quedaría no 5º posto en Disco de 2Kg.

Disputouse paralelamente o Campionato Galego de Pentatlon de lanzamentos- Veteranos.
En categoría W 55 proclamouse campiona Ana Abuín que ademáis conseguiu o récord de España de martillo pesado. Acompañouna no podium como subcampiona Ángeles Rodríguez.
Tamén houbo medallas na categoría masculina: José Fraga subcampeón en M50, José Manuel Nuñez e Carlos Vera campión e subcampión en M 45 e Carlos Ferrer campión en M 55.

 RESULTADOS PENTATLON





Para finalizar a fin de semana, o domingo disputouse en Vilagarcía o Trofeo Atletismo Mazi. Competiron María Pena, Andra Caneda, Daniel Castro, Icía Ares, Sofía , Saray, Martiño, Gloria e Daniel Loureiro, este último debutando con medalla incluída. En total acadaron 1 plata e 3 bronces.



RESULTADOS VILAGARCÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario