domingo, 22 de enero de 2017

CAMPIONATO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS




A pesar do frío, os nosos pequenos non se amedrentaron e fixeron unha magnífica actuación no Clasificatorio para o Campionato Escolar de Campo a Través que se celebrou este sábado en Santiago.




Na categoría Benxamín clasificáronse: Icía Ares (6ª), Juan Loureiro (1º), Adam Sadiki (10º), Lucas Sánchez (13º) e Diego Mirás (40º). Ademáis os nenos tamén se clasificaron por equipos con 64 puntos.

Na categoría Alevín clasificouse Gloria Iglesias (1ª).

En categoría Infantil Daniel Loureiro clasificouse co 6º posto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario