lunes, 16 de enero de 2017

GALEGO COMBINADAS -PC- CADETES E VETERÁNS

Finaliza o Campionato Galego de probas combinadas de pista cuberta. Este ano tivemos representación nas categorías Cadete e Veterán.
Como Cadetes contamos coa magnífica actuación de María Pena ( 2048 puntos), Lara López ( 1883 puntos) e Andrea Caneda ( 1524), que aínda que non conseguiron subir ao podio regresaron cunhas marcas moi boas.
En Veteranos W40 estiveron Lucía Doval e Isabel Fernández, que conseguiron o ouro e a prata respectivamente con 2136 e 1524 puntos. En M40 participou José Domínguez acadando o primeiro posto con 3650 puntos; e en M50 José Manuel Gontá que con 4204 puntos tamén conseguiu facerse co primeiro posto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario