domingo, 7 de mayo de 2017

CONSEGUIDO!!!!!

Non tiñamos ningunha dúbida!!Cun lanzamento en xavelina de 33, 11, MARÍA PENA acadou esta mañá en Vigo a mínima para o Campionato de España. FELICIDADES!!.

María estivo ben acompañada nesta xornada do circuíto Concello Vigo Atletismo en pista, na que Alberto e Basi fixeron de fantásticos anfitrións, e onde se conseguiron outras boas marcas. Podedes consultar aquí os RESULTADOS

Onte tamén tivo lugar na Pobra do Caramiñal a IV xornada escolar en pista Infantil, na que os nosos rapaces tamén fixeron unha boa actuación. Neste enlace tedes os RESULTADOS. (fotos en galería)


No hay comentarios:

Publicar un comentario